Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo cae en Luanco (1-0) na estrea de Maté

O Coruxo cae en Luanco (1-0) na estrea de Maté

Borja Álvarez asinou o único gol do partido á media hora

O equipo vigués segue no posto de play off, empatado co descenso

Foto: @CoruxoFCoficial
G24.gal 05/03/2023 21:45

Nunha xornada en que os equipos de abaixo sumaron, o Coruxo seguiu agravando a súa situación. A estrea de Javier Maté e de Xurxo Otero no banco dos do Vao, o equipo non conseguiu nada positivo en Luanco.

O partido resolveuno o Marino cun único gol. Marcouno Borja Álvarez no minuto 27. E o Coruxo non foi quen de reaccionar no resto do encontro. A derrota déixao cos 29 puntos no posto de play out. Ten ao Ourense C. F. a dous, pero tamén queda empatado co Laredo e o Langreo, que están en postos de descenso pero gañaron nesta xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade