Cargando resultados...
O Coruxo acada a primeira vitoria da temporada en Avilés
Foto: @RealAvilesind
G24.gal
11/09/2022 23:33
Logo do empate sen goles da estrea ante o Arenteiro, o Coruxo sumou a súa primeira vitoria na difícil visita a Avilés. O equipo galego aguantou o dominio local e tirou proveito dun gran gol, logo dunha bonita xogada que culminou Pitu á hora de xogo.
Despois do gol, seguiu o acoso do Avilés, que gozou das súas mellores ocasións nas botas de Espina, que mesmo estrelou un espectacular lanzamento de falta no traveseiro. Pero non houbo máis goles, e os tres puntos viñeron cara a Vigo. Jacobo Montes acabou moi contento cos seus futbolistas.