O Conservas Orbe Zendal Porriño remata con vitoria na Rioxa (22-25) e cítase co Guardés
As galegas remataron quintas a Liga regular e disputarán un derbi de cuartos de final contra as guardesas
Foto: @BmPorrino
Rematou a Liga regular para o Conservas Orbe Zendal Porriño, e fíxoo cunha vitoria na Rioxa que lle asegura o quinto posto final. Así que as de Isma Martínez mediránse co Atlético Guardés, cuarto, nos cuartos de final dos play off polo título.
O partido comezou igualado, pero rachouno o Porriño cun gran parcial de 0-6 mediado o período (3-8). O cadro rioxano reduciu a desvantaxe, e ao descanso o encontro marchaba cun 9-11.
A segunda metade volveu comezar cun parcial favorable ao Porriño. Un 0-5 que lle permitiu aforntar o resto do choque con moita tranquilidade. O equiop local chegouse a colocar a dous tantos (21-23), pero o Porriño mantivo a calma no último treito para pechar a vitoria e ese quinto posto. Haberá derbi no play off.