Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Conselleiro de Sanidade di que Galicia roza o pico da sexta vaga

O Conselleiro de Sanidade di que Galicia roza o pico da sexta vaga

Os últimos datos reflicten a tendencia á baixa no número de contaxios

G24.gal 17/01/2022 14:30

O conselleiro de Sanidade di que estes datos confirman a tendencia á baixa que comezou hai uns días na nosa comunidade.

A previsión é que nos próximos días poida producirse un aumento dos ingresos tanto en planta como nas unidades de coidados intensivos. O conselleiro de Sanidade di que esta sería a tendencia natural, porque Galicia xa está rozando o pico da sexta vaga.

Os datos dos últimos días apuntan, segundo García Comesaña, a unha contención dos contaxios que xa permite falar do pico da pandemia. 

O seis por cento da poboación non vacinada en Galicia xera o cincuenta por cento dos ingresos nas UCI. Julio García Comesaña lembra que a terceira dose da vacina está a diminuír de xeito importante as dificultades da enfermidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade