Publicador de contidos

Publicador de contidos

Junts, a pesar da ruptura co Goberno, abstense e impide derrogar o peche de nucleares

Junts, a pesar da ruptura co Goberno, abstense e impide derrogar o peche de nucleares

O Goberno valora o non do Congreso á "extravagante" emenda nuclear do PP

Grupo de Junts no Congreso, este xoves (Europa Press/Jesús Hellín) Grupo de Junts no Congreso, este xoves (Europa Press/Jesús Hellín)
G24.gal 13/11/2025 08:39 Última actualización 13/11/2025 14:41

O pleno do Congreso rexeitou este martes, grazas á abstención de Junts, a emenda que incorporou o PP no Senado ao proxecto de Lei de Mobilidade Sostible para suprimir a "data de cesamento definitivo" das centrais nucleares de Almaraz, Ascó I e Cofrentes.

A emenda desestimouse con 171 votos a favor (PP, Vox e UPN), 172 en contra (PSOE, Sumar, ERC, PNV e maioría do Grupo Mixto) e sete abstencións (Junts)

Tampouco logrou o PP aprobar a conxelación das taxas aeroportuarias que AENA cobra ás aeroliñas.

En cambio, si sacou adiante, a recuperación dos criterios de puntualidade de Renfe, neste caso sumando os votos de Junts, pero tamén de Vox, ERC e Podemos

E igualmente, neste caso cos apoios de Vox, UPN, Junts e o PNV, aprobouse a emenda do PP para garantir as paradas, horarios, frecuencias e rutas do transporte estatal por autobús.

Así as cousas, Junts optou este xoves por inclinar o seu apoio en función de cada votación, aínda que cuestión das nucleares parecía de maior relevancia, e con ela permitiu ao Goberno superar un novo obstáculo. 

O Goberno valora o non do Congreso á "extravagante" emenda nuclear do PP

O Ministerio para a Transición Ecolóxica valorou de forma positiva a decisión do pleno do Congreso de rexeitar a emenda do PP para suprimir a "data de cesamento definitivo" das centrais nucleares de Almaraz, Ascó I e Cofrentes.

Fontes do departamento que dirixe Sara Aagesen cualificaron de "extravagante" esta emenda, xa que nin tiña que ver coa lei á que se presentou nin cambiaba "nada substancial de fondo", e só introducía "ruído" para tentar "vender" que era unha sorte de prórroga ao parque nuclear español.

Con esta emenda, din, pretendíase cambiar un acto administrativo por lei, e facelo sen pedir opinión ao CSN, cando o Goberno, cando ten que tocar unha orde ministerial relacionada con este tema, só pode sacala adiante cun informe preceptivo e vinculante deste organismo.

En calquera caso, as fontes poñen o exemplo de Almaraz, e é que aínda que exista unha orde ministerial na que se establece unha data de cesamento de actividade para a central, isto non supuxo ningún obstáculo para que as empresas titulares (Iberdrola, Endesa e Naturgy) presentasen unha solicitude de prórroga ata 2030.

Sobre o procedemento concreto que incumbe á solicitude de ampliación da vida útil da instalación estremeña, desde o Ministerio reiteraron que o seguinte paso corresponde ao CSN, que pode tomarse o tempo que lle faga falta para emitir o seu criterio.

Junts critica ao Goberno por celebrar o rexeitamento á emenda das nucleares

Junts amosouse sorprendido porque o Goberno celebrase o rexeitamento á emenda do PP para suprimir a data de peche definitivo dalgunhas centrais nucleares e o considere "unha vitoria" cando -lembrou- un 60 % da enerxía en Cataluña provén das nucleares.

A portavoz de Junts no Congreso, Miriam Nogueras, avisou ao Executivo de que existe un problema coa enerxía nuclear e peguntouse se o presidente da Generalitat, Salvador Illa, vai facer "seguidismo" do PSOE "ou vai facer algunha cousa".

Se non fóra polas nucleares, subliñou Nogueras, un non podería acender a luz na súa casa ou tería que pagar a electricidade máis cara.

A portavoz xustificou a abstención de Junts á emenda do PP -que non contactou con eles para negociala- porque esta non resolve o problema, aínda que fontes da formación independentista sinalaron que esta emenda non estaba ben feita.

Nogueras sinalou que a súa abstención é coherente co que votaron no Senado, "outros cambiaron o voto", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade