O Congreso rexeita a proposta de Vox de prohibir o burka e o niqab nos espazos públicos
Só contou co apoio do Partido Popular
Os grupos de esquerda cualificárona de islamófoba e racista
Junts votou en contra e presentou unha proposición de lei propia
O Congreso dos Deputados rexeitou a proposición de lei de Vox para prohibir o uso do burka e do niqab nos espazos públicos.
Os partidos de esquerda cualificárona de islamófoba e racista e só contou co apoio do Partido Popular.
Junts tamén votou en contra e rexistrou unha proposición propia para prohibir estas dúas prendas, que o PSOE e varios grupos se abren a debater.
A proposición defendeuna a deputada de Vox Blanca Armario, que argumentou: "España non pode soportar máis inmigración, e moito menos unha inmigración que non respeta as nosas normas. Ademais é unha inmigración que non respeta os dereitos das mulleres"
Andrea Fernández, deputada do PSOE, respondeulle: "Señores de Vox, nada de relativismo cultural, nós non queremos para outras o que non queremos para nós mesmas. Pero advírtolles que esta premisa non abre a porta ao seu racismo, á xenofobia nin ao supremacismo que propoñen vostedes".
Junts rexeitou calquera apoio a Vox. "A posición de Junts é moi clara: Nin burka nin Vox. Non sei para que sirven vostedes, as dereitas e as esquerdas españolas, se non son capaces de facer unha lei que acabe coa represión que representa o burka. Pois fixémola nós", dixo Miriam Nogueras.
Esther Muñoz, deputada do PP, defendeu a postura dos populares cunha fotografía na man de varias mulleres totalmente cubertas cun burka: "Son mulleres en cárceres de tela que pasean polas nosas rúas, polo noso país. É indefendible que a esquerda progresista diga que esto é progreso. Añgçun día terá que explicar a esquerda deste país cando comprou os postulados do islam máis radical a cambio de deixar tiradas ás mulleres máis vulnerables", dixo.