Cargando resultados...
O Compostela perdoa no campo do Escobedo (0-0)
Manu Barreiro estrelou un balón no pau na mellor ocasión dun partido de dominio santiagués
G24.gal
16/02/2025 14:56
O Compostela perdeu unha grande oportunidade para afastarse do descenso no campo do Escobedo cántabro. Dominou o partido, pero non lle deu marcado ningún gol a un adversario que deu por bo o empate desde o minuto un. Unha cabezada de Manu Barreiro ao poste no primeiro tempo foi a mellor ocasión do partido. Na segunda parte, Carlos Pérez foi o que tivo o gol nas súas botas, pero o ex do Sabadell tampouco estivo acertado. Con este empate o equipo santiagués mantense fóra do descenso directo pero cunha vantaxe mínima.