O Compostela, moi preto de pechar un acordo con Jota Peleteiro para a venda do club
As partes agardan que, en menos dunha semana, se produza o acordo e se inicie un proceso de transición que finalizará co nomeamento dos novos directivos da entidade

Así reza o comunicado do Compostela, no que se anuncia a venda da entidade a Jota Peleteiro
"A Sociedade Deportiva Compostela está en disposición de anunciar que está moi preto de pechar un acordo definitivo con Rammalloc Sports S.L. para ceder a xestión do club e que se produza o nomeamento dunha nova xunta directiva. As partes agardan que, en menos dunha semana, se produza o acordo e se inicie un proceso de transición que finalizará co nomeamento dos novos directivos da entidade"
"A mercantil Rammalloc Sports S.L. é unha empresa de promoción da actividade deportiva cuxo único socio ou accionista é José Ignacio Peleteiro Ramallo, futbolista por todos coñecido, compostelanista e que cumpre os requisitos anteriormente mencionados: é da terra e nin representa a ningún fondo de inversión nin nada ten que ver con ningunha axencia de representación. Jota leva tempo preocupándose e ocupándose do día a día do equipo da nosa cidade e está moi ilusionado co reto"
"O club tomará esta decisión tras un profundo exercicio de reflexión e estudo, buscando o mellor para o Compos e estando seguros de que isto posibilitará unha mellora substancial na entidade, un progreso que permita alcanzar maiores cotas a nivel deportivo, económico e social. Estamos convencidos de que isto nos fará a todos recuperar a ilusión e que teremos un Compos moito máis grande"
✍️ 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐒𝐃 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚#SonDeCompostela https://t.co/vBzFHVcUZI
— S.D. Compostela (@SD_Compostela) June 3, 2022