O Compostela derrota ao Raio Cantabria con sufrimento e dorme a un punto do liderado
Un gol de Darío dálles unha nova vitoria aos de Fabiano
O Compostela colócase a un punto do Arenteiro antes do partido do equipo ourensán
O Compostela segue coa súa boa serie de resultados, que lle está a servir para axexar o liderado do Arenteiro. Os de Fabiano sufriron para derrotar o filial do Racing.
Os cántabros tiveron as mellores ocasións da primeira metade, pero non se deron adiantado. Os santiagueses agardaron a súa ocasión, e esta chegou aos 58 minutos. Dario Germil culminou unha acción con varios remates e estableceu o que sería único gol do partido,
Aínda quedaban moitos minutos, e os de Fabiano sufriron, pero gozaron dunha inmellorable ocasión para sentenciar, logo dun envío longo típico do Pato Guillén que Darío estrelou no traveseiro de xeito espectacular.
Coa vantaxe mínima chegouse ao tempo engadido, e alí o Raio Cantabria pechou os locais na súa área, pero con máis corazón que acerto. Ao final, vitoria por un gol a cero, a sétima nas últimas nove xornadas, que lles permitiu aos compostelanistas deitárense a un punto do liderado.