Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela dá un paso atrás no campo do cabeiro (1-0)

O Compostela dá un paso atrás no campo do cabeiro (1-0)

Os de Fabiano pechan unha serie de once xornadas sen perder, pero xa levan tres sen gañar

Logo dunha chea de ocasións para empatar, Samu errou un penalti no 94

Foto: @LaFactoriaBCF
G24.gal 28/01/2023 20:22

O Compostela apañou unha sorprendente derrota no campo do pechacancelas da Segunda Federación, que o descolga da loita polo ascenso directo. 

O Burgos Promesas tirou proveito dun único gol, o de Jesús de cabeza no minuto 12. 

Na segunda parte os de Fabiano tiveron unha manchea de ocasións de empatar, pero non foron quen de batir a porta dun equipo que so gañara dous partidos en toda a temporada.

No minuto noventa e catro chegou a acción decisiva do partido. Un penalti a prol dos santiagueses, que lanzou Samu pero detivo Óscar López, asegurando a vitoria do filial do Burgos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar