Publicador de contidos

Publicador de contidos

O comité clínico aproba avanzar cara a unha xestión da pandemia centrada nos vulnerables

O comité clínico aproba avanzar cara a unha xestión da pandemia centrada nos vulnerables

Os expertos que asesoran o Goberno galego avogan por manter o certificado covid para acceder a hospitais e residencias sociosanitarias

Para a poboación xeral propoñen un modelo de vixilancia tipo sentinela

G24.gal 23/02/2022 14:36

O novo modelo de seguimento da pandemia que propón o comité clínico deixa atrás cribados masivos, PCR xerais, seguimento exhaustivo de contactos estreitos e vai cara a unha focalización destas medidas cara a contextos ou persoas vulnerables, A razón, explican, é que xa non hai necesidade para unha busca xeral tan proactiva.

 "Non é necesario para o resto da poboación, cunhas coberturas tan altas de vacinación", explicou Pilar Farjas, membo do comité clínico.

E como non será tan importante detectar un a un cada caso, deixará de ser importante medir a incidencia. O indicador da pandemia na seguinte fase será a taxa de ingresos en relación á poboación xeral

Si seguirá sendo imprescindible a protección dos vulnerables, e mantense o uso de certificado covid para o acceso a hospitais e residencias.

Tamén segue sendo imprescindible vixiar as variantes e as mutacións.

E tamén serán necesarias unhas semanas máis as máscaras nos patios das escolas. As incidencias nos grupos de entre 5 e 19 seguen sendo en Galicia o dobre da media. Así que a decisión do comité clínico é manter a máscara nos recreos ata que se acaden as cotas necesarias na segunda dose da vacina pediátrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade