Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CHUO conmemora o Día Mundial do Celador

O CHUO conmemora o Día Mundial do Celador

Esta profesión, que a mediados dos 80 copaban os homes, conta a día de hoxe con arredor dun sesenta por cento de mulleres

G24.gal 04/11/2022 21:40

Corría o 1 de xuño de 1985 cando Mari Carmen Sánchez empezou a traballar como celadora.

“Cando me chamaron do Insalud para darme o contrato eu non pensaba que era para aquí porque eu estaba apuntada para prisións, pero collino de bo agrado e vin. Dixéronme: imos darche catro meses, non sei se te admitirán arriba porque son todos homes, ao mellor non queren mulleres. Eu vin, atendeume o xefe de persoal e díxome que non había ningún problema. Eu fun a primeira celadora de aquí, de Ourense, de Galicia e de España", explica Mari Carmen Sánchez.

A lista de tarefas que se lles encomenda é sobre todo asistencial. Ocúpanse entre outras por exemplo dos traslados, de levar os pacientes ás probas, de axudalos a acomodarse na cama. Son ademais a primeira cara que ven os pacientes ao chegar ao hospital.

"É a primeira imaxe que ven eles, entón tes que ser un pouco amable, non ser brusca e tratalos o mellor posible".

Mari Carmen traballou como celadora no CHUO ata o ano 2008. Hoxe, neste día de homenaxes e recoñecementos, non esquecen as súas reivindicacións. 

“Seguimos traballando cunhas funcións que ditaba o estatuto do persoal subalterno non sanitario do ano 1971, e que a xuízo de moitos están obsoletas. Pedímoslle á Administración que teña conta deste feito, que actualicen as nosas funcións, que nos dote de competencias e que dignifique a profesión”, apunta Daniel Martínez, xefe de Personal Subalterno e responsable de Celadores no CHUO.

Din que nas últimas décadas as funcións dos celadores cambiaron profundamente, igual que as institucións sanitarias, e que é preciso seguir avanzando. Esta profesión que a mediados dos 80 copaban os homes, conta a día de hoxe con arredor dun sesenta por cento de mulleres. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos