Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Chuac consolídase entre os 20 mellores hospitais de España e lidera o 'ranking' en Galicia

O Chuac consolídase entre os 20 mellores hospitais de España e lidera o 'ranking' en Galicia

O centro coruñés ocupa o posto 18 estatal no Monitor de Reputación Sanitaria

G24.gal 23/01/2026 17:48

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) volveu situarse entre os 20 mellores hospitais de España.

Segundo o Monitor de Reputación Sanitaria, elaborado pola consultora Compro, o centro coruñés ocupa o posto 18 a nivel estatal e o primeiro en Galicia.

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago figura no posto 58 do ranking e o de Vigo no 69.

Destacan os servizos de Rehabilitación, Farmacia Hospitalaria ou Microbioloxía 

O ranking, en que participan a maioría dos 787 hospitais públicos e privados de España, está encabezado polo Hospital La Paz.

Ségueno o Gregorio Marañón, o Clínic de Barcelona, o 12 de Octubre e o Vall d’Hebron.

O mesmo informe analiza tamén a calidade dos servizos sanitarios.

Neste apartado, o Chuac acada posicións destacadas.

O servizo de Rehabilitación sitúase como o sexto mellor de España. O de Farmacia Hospitalaria ocupa o sétimo posto. Por primeira vez entra no ranking o servizo de Microbioloxía, no oitavo lugar. Oncoloxía e Cirurxía Maxilofacial alcanzan o posto 13. Anestesia e Reanimación sitúase no 14. E Cardioloxía e Análises Clínicas figuran no 15.

Máis de 5.200 enquisas e máis de mil indicadores de calidade

O estudo baséase na análise de máis dun milleiro de indicadores de calidade e rendemento asistencial.

Inclúe tamén máis de 5.200 enquisas a xerentes e directivos hospitalarios.

Participan médicos, persoal de enfermaría, asociacións de pacientes e xornalistas especializados en sanidade.

 

O servizo de Microbioloxía entra por primeira vez no ranking

 

A inclusión prodúcese nun momento en que o laboratorio está a completar a súa renovación.

O servizo procesa cada ano máis de medio millón de mostras clave para o diagnóstico de enfermidades infecciosas.

Conta ademais con máis de 25 persoas dedicadas á investigación.

O responsable do servizo mostrou a súa satisfacción por formar parte do top 10 estatal na súa especialidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos