O Celta volve a Afouteza despois dunha xira inglesa satisfactoria
Hugo Mallo, ausente desde outubro, volveu traballar co grupo
Nunha semana xogan ante o Gernika a segunda eliminatoria de Copa
O Celta está de volta en Afouteza cunha semana por diante para o regreso á competición. Co grupo entra Hugo Mallo, recuperado da rotura fibrilar que sufrira a finais de outubro. O capitán terá que volver facer un oco no lateral en competencia con Mingueza, que esta a crecer co equipo nesta segunda pretemporada, tamén na posición de central.
O Celta sorprendeu en Londres pola súa verticalidade, pero Carlos Carvalhal quere todas as versións posibles, e despois está o recurso de Iago Aspas, que sempre pode sacar un ás da manga. Os tres amigables tamén serviron para introducir xogadores da canteira. En Brentford dispuxo duns minutos Sergio Barcia, central do Celta B.
Xa pasou un mes do último partido, o Raio-Celta, un empate sen goles en que Carvalhal sumou o seu primeiro punto. Serviu para quedar fóra do descenso xusto por riba do próximo rival na liga, o Sevilla. Esixencia máxima despois desta paréntese do mundial.