Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta traballa a marchas forzadas para recuperar os estragos en Balaídos

O Celta traballa a marchas forzadas para recuperar os estragos en Balaídos

Os vestiarios, a sala de prensa e a tenda oficial do club foron os lugares máis prexudicados pola enchente do Lagares

G24.gal 26/12/2022 15:49

Parece que o mal tempo ofrece unha tregua. Veremos que aspecto presenta Balaídos para recibir o venres ao Sevilla. Este mediodía unha cámara da Galega puido acceder ao interior do estadio céltico e, a pesar do intenso traballo por parte dos operarios de limpeza, aínda se perciben as consecuencias do asolagamentos nalgunhas partes do recinto.

Para acceder aos vestiarios a cousa aínda está complicada. A sala de prensa está inservible e a tenda do club foi das estancias máis prexudicadas polas últimas inundacións na contorna de Balaídos. No Celta afánanse en achicar auga de todos os recunchos e corredores do estadio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade