O Celta tentará explotar as fraquezas da Real Sociedade como local
Como visitante é o segundo mellor equipo da liga, pero en Anoeta os seus números son moito peores
Empatou dous partidos e perdeu tres, entre outros, o último ante o Valladolid
O Celta prepara o partido do sábado, cando visitará Anoeta. A Real Sociedade é o próximo rival, un equipo que ocupa a terceira posición do campionato despois da vitoria por 2-3 no campo do Español. Só está a ser superado polo Real Madrid e o Barcelona.
Carlos Carvalhal, recupera a Unai Núñez para o partido do sábado. Os celestes queren volver á senda das vitorias tras a derrota ante o Atlético. Teñen arestora tres puntos sobre a permanencia.
Son curiosos os números da Real Sociedade. Como visitante, só o Barcelona a supera; gañaron oito partidos e só cederon oito puntos. En Anoeta cambian moito as cousas. Xa son trece os puntos que marcharon, en total tres derrotas e dous empates. O último equipo que visitou San Sebastián, o Valladolid, foi quen de sacar o triunfo.
Fixándonos no aspecto goleador tamén nos decatamos de que lle custa moito máis marcar cando actúa como local. Só anotou 12 goles, polos 19 que marcou lonxe de Anoeta. Esa fraqueza tentará aproveitala un Celta que vive un bo momento futbolístico.