O Celta rende homenaxe a Quinocho, que deu a vida por defender o club
O partido contra o Lión serve de presentación diante da afección do novo proxecto de Rafa Benítez

Apenas pasaron dous meses da noite máxica coa salvación diante do Barcelona, da noite cos goles de Gabri Veiga. Volve o Celta, con novo adestrador, novas fichaxes e ata novo himno. A estrea en Balaídos do Celta do Centenario.
Todo nun día en que rende homenaxe a Joaquín Fernández, Quinocho. Unha das figuras máis relevantes do club. A razón buscámola en 1988 cando tres rapaces atracaron as oficinas do club. Quinocho tentou defender a Ángeles, Pili e Loli, traballadoras do Celta, e acabou por recibir dúas coiteladas.
Un ano despois o Celta e a selección española xogaron en Balaídos o primeiro dos seus partidos homenaxe. E desd 1995 converteuse nun imprescindible dos veráns celestes. Na memora de Quinocho, aquel que deu a vida polo Celta.