Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta regresa a Europa oito anos despois

O Celta regresa a Europa oito anos despois

O conxunto dirixido por Claudio Giráldez impúxose 1-2 en Xetafe cun gol de Aspas no minuto 80

Disputarán oito partidos contra diferentes rivais nun formato de liga único

Os xogadores do RC Celta de Vigo festexando/Adrián Irago / Europa Press
G24.gal 31/05/2025 13:30 Última actualización 30/05/2025 23:12

O fútbol galego volverá a Europa a próxima temporada da man do Celta, oito anos despois. É o final soñado para unha temporada espectacular, no que o técnico do Porriño, Claudio Giráldez, fixo protagonistas a unha morea de canteiráns.

Esta liga merecía un final por todo o alto. E o celtismo deuse unha grande homenaxe nun ano para celebrar. 

O logro inesperado dun equipo repleto de canteiráns e liderado por un home da casa, que leva por bandeira a valentía, a ambición e autoestima.

Claudio Giráldez e o seu corpo técnico abrazáronse co final en Xetafe, cunha vitoria que colmaba as expectativas dos máis ousados.

Había semanas que o Celta amarrara a permanencia para xogar a decimocuarta temporada seguida en primeira. Clasificarse para a Liga Europa foi unha xesta engadida.

Logrouno baixo a dirección de Giraldez. Porque o técnico do Porriño é a pedra angular deste Celta tan especial. A presidenta Marián Mouriño deixou o equipo nas súas mans a temporada pasada tralo fracaso de Benítez.

Giráldez, rescatou o Celta tirando dos rapaces que viña de dirixir no filial. Non lle tremeu o pulso. En dous meses salvou o Celta e na súa primeira temporada completa lévao a Europa. Así que o celtismo profésalle devoción.

Todos implicados baixo o lema de Afouteza. A afección asumiu un papel principal ó identificarse plenamente co equipo. Ata catorce xogadores canteiráns ou con pasado no filial entraron habitualmente no equipo.

Os últimos en debutar son o vigués Fer Lopez e o de Mondariz, Yoel Lago. Tamén atopamos futbolistas de Poio, de Ponteareas, de Ourense, de Santiago de Tomiño…

É a promesa cumprida de Iago Aspas. O capitán, unha vez máis, a alma do Celta marcou o gol definitivo en Xetafe e volve a Europa como deixara dito hai oito anos, en Manchester cando caeu nas semifinais da Europa League.

O celtismo está nun gran momento. Marián Mourinho, que tomou a presidencia no centenario reconduciu a parcela deportiva e deulle un pulo á institución, coidando o afeccionado, creando o equipo das Celtas, e aplicando unha política de comunicación brillante. Promovendo a conexión co territorio a cultura e as raíces.

Os nomes dos 313 concellos de Galicia figuran na camiseta que luciu o Celta esta temporada.

Por decima temporada na súa historia o Celta vai xogar unha competición continental. Pero por primeira vez os Feito na madroa serán protagonistas. E levarán a Afouteza e a Oliveira centenaria por Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade