O Celta quere repetir a imaxe do partido da primeira volta no Metropolitano (18:30 h)
Un gol solitario de Julián Álvarez decidira un partido de Balaídos en que o Celta foi moi superior
Iago Aspas podería volver ao equipo contra o Atlético
Xogar como na ida, pero cunha mellor versión. O Celta recupera a Starfelt e a Moriba para a volta contra os atléticos.
En Balaídos, os de Giráldez foron mellores, pero acabaron perdendo por mor dunha acción illada, un detalle de Julián Álvarez. Pero a idea no Metropolitano debe ser semellante.
En Balaídos, na ida, Aspas foi titular e Hugo Álvarez, que agora está mancado, tamén.
Esta tarde no Metropolitano veremos se Aspas troca o rol de xogador activo na banda ou está entre os elixidos nalgún momento do choque.
Malia o triunfo ante o Betis, a ruta de Giráldez non muda.
O emerxente Celta de Claudio mide a solidez dun Atlético do Cholo, que aínda non perdeu na casa.