Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere aumentar a súa serie de triunfos diante do Barcelona

O Celta quere aumentar a súa serie de triunfos diante do Barcelona

O cadro vigués acumula cinco vitorias consecutivas, e non perde desde setembro

G24.gal 08/11/2025 13:06

Logo do éxito europeo en Zagreb, o Celta quere culminar a semana con outro bó resultado, neste caso ante o Barça en Balaídos. Será mañá domingo as nove da noite.

Hai dúbidas na portería. Radu podería volver, aínda que Iván Villar está preparado se ten que continuar no once inicial. Tamén está preparado, e de sobra, un Borja Iglesias que volveu ser convocado coa selección. Seguro que lle paga a pena malia a algunha que outra labazada recibida dos seus compañeiros.

Á marxe do grupo traballaron Willot e Javi Rueda, mentres que Marcos Alonso, Moriba e Mingueza poden volver ao equipo despois de non xogar en Zagreb.

Para Claudio Giráldez, o rival é o idóneo tal e como chega o Celta: "Chegamos ben, a cabeza tira, e estamos desfrutando. O Barça lévate a unha motivación extra. Estamos convencidos de que o equipo vai estar enérxico", indicou na previa
 

Sobre a dinámica do equipo, Claudio non tiña dúbidas nos peores momentos: "É o meu xeito de entender o grupo. Confío plenamente no equipo que teño"

Contra o Barcelona agarda un partido moi esixente: "Sabemos que temos que ter pernas frescas, senón é imposible manter a intensidade para derrotar ao Barça"

E tamén se referiu a Lamine Yamal: "Tanto a Lamine como a calquera xogador de talento. Temos que intentar impedir que lle chegue o balón", rematou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade