Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta prepara a visita ao Sadar con Gabri Veiga como xogador de moda

O Celta prepara a visita ao Sadar con Gabri Veiga como xogador de moda

O futbolista do Porriño foi elixido mellor xogador da Liga en febreiro

G24.gal 04/03/2023 15:10

Falar deste Osasuna é facelo dun rival incómdo, do cuarto equipo menos goleado da Liga, dun conxunto que vai oitavo e que hai catro meses xa gañou en Vigo. No día da estrea de Carvalhal. 1-2. Mais aquel día nin na aliñación, nin banco estaba a última e letal arma do Celta, Gabri Veiga.

Porque desde aquel día Carvalhal converteuno en titular e nos once partidos seguintes Gabri marcou cinco goles, o Celta sumou 16 puntos e deixou atrás o descenso. Gabri converteuse no novo heroe celeste.  

E a propia Liga vén de recoñecelo como o mellor xogador de febreiro. Os afeccionados escoitan interese dos grandes, mesmo do Madrid, e miran de esguello a cláusula, 40 millóns. E Gabri mentres ao seu. Con humildade, lembrando que aqui a estrela é Aspas.

E que o del é seguir axudando. O luns en Pamplona. O Celta non gaña alí desde hai nove anos, daquela Gabri Veiga, o novo Terminator, era alevín no Celta.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade