Cargando resultados...
O Celta completa a cota de abonados que lle permite Balaídos
Máis do 80 % da ocupación do campo estará cuberta por socios, e moitos quedaron en lista de espera
G24.gal
03/08/2023 21:43
A afección do Celta está co equipo na temporada do Centenario. O club anunciou que pecha a histórica campaña de socios con máis de 20.000 abonados.
A campaña anterior no pasou de 17.000. Por primeira vez na historia o Celta non puido atender todas as solicitudes para darse de alta como socio.
O club informou que o peche da campaña deixa en lista de espera un importante número de seareiros. O Celta asegura que máis do 80 % da ocupación serán socios, máis de 20.000 dun total de 24.800 localidades.