O Celta comeza en Valladolid un esprinte de cinco encontros
O mércores xogará en Pucela (19:00) tentando esquecer a derrota contra a Real Sociedade
Antes da parada do Mundial tamén xogará co Xetafe, Almería, Osasuna e Raio
O Celta non puido co extraordinario estado de forma da Real Sociedade. Brais Méndez volveu a Balaídos triunfador, aínda que os goles tiveron máis que ver con erros puntuais, especialmente o da vitoria da Real. E antes, o do empate do Celta, a pelota que intercepta Iago e que convertería no seu sexto gol da temporada. Ao Celta fáltalle claridade arriba, e iso que acabou xogando case con catro dianteiros
O último en entrar, Paciencia, foi expulsado por criticarlle ao arbirto os tres minutos escasos de prolongación cun manso "moi mal". Está descartado para este mércores en Valladolid, o primeiro dos cinco partidos que ten o Celta ata a parada do Mundial. Os outros son Xetafe, Almería, Osasuna e Raio, rivais da súa liga.
A frustración do Celta viuse en Hugo Mallo. Asubiado por un sector de Balaídos, evitou saudar a Coudet na substitución. Ao técnico preguntáronlle por eses pitos ao capitán.