Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta negocia a saída de Onésimo como técnico do filial

O Celta negocia a saída de Onésimo como técnico do filial

Claudio Giráldez, ata agora no xuvenil, tomaría a remuda á fronte do Celta B

G24.gal 03/07/2022 17:20

O Celta busca unha saída negociada con Onésimo para cambiar de adestrador do filial para a temporada 22-23. Onésimo Sánchez ten outro ano de contrato, pero o Celta agarda chegar a un acordo para que deixe o banco. 

Chegou en febreiro de 2020 no lugar dos irmáns Montes pero naquela temporada só puido dirixir seis partidos por mor da Covid-19. A súa primeira temporada completa acabou en éxito metendo o Celta B na Primeira Federación e xogando a fase de ascenso a Segunda A pero foi eliminado polo Athlétic B. 

Nesta última temporada Onésimo volveu rozar o play-off de ascenso a Segunda A logo dunha gran temporada pero quedou afastado do obxectivo na última xornada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos