O Celta Fortuna deixa escapar con vida o Barcelona B (1-1)
O equipo vigués adiantouse no marcador cun gol de Hugo Álvarez
O filial do Barcelona xogou corenta minutos cun menos
O Celta Fortuna sacou un punto no campo do Barcelona B, un resultado curto para os merecementos do filial celeste que se adiantou no marcador e que xogou en superioridade durante corenta minutos (1-1).
O partido comezou cun Celta que entrou con moita enerxía no encontro. Dous equipos dun perfil semellante que querían ter o balón pero as ocasións caían do lado celeste. Aos 27 minutos Hugo Álvarez culminou unha acción de estratexia e puxo o 0-1.
O Barcelona B tivo a sorte de empatar antes do descanso cun tanto de Héctor Fort, e xusto ao saír do descanso chegou a acción polémica do encontro coa caída de Alfon na área. Na xogada seguinte o colexiado expulsou o local Unai Hernández e o Celta tivo corenta minutos para xogar contra dez.
Curiosamente foron os peores minutos do cadro de Claudio Giráldez. Tivo moita posesión pero poucas ocasións e o partido rematou cun empate.