O Celta festexa o aniversario no máis alto da clasificación
Dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas amosan o gran momento polo que pasa neste comezo da temporada o equipo de Giráldez
O luns (en directo na Televisión de Galicia) visitarán o Madrigal tentando prolongar este estado de euforia
O Celta vive nun estado de euforia neste inicio de temporada. Contra o Valencia festexou o seu 101 aniversario coa segunda vitoria noutras tantas xornadas e outra vez con remontada, sinal de identidade do conxunto de Claudio Giráldez. Culminouna Fran Beltrán cun auténtico golazo para desatar a tolemia en Balaídos e deixar ao seu equipo no liderado. O centrocampista quere gañar protagonismo de cara á porta logo de dous anos sen marcar.
✌️ 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎𝐒
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) August 24, 2024
✌️ 𝐆𝐎𝐋𝐄𝐒
Iago Aspas @aspas10 comeza imparable o campionato
🎙️ "Levo aquí máis de 25 anos. Non sei cantos partidos me quedan ... Quero gozar cada partido en Balaídos"
O resumo do @RCCelta 📲 https://t.co/OYctroaDaU pic.twitter.com/Jq1e3dPpZi
Logo dun século de afouteza, resultou que os festexos futbolísticos do centenario chegaron no ano 101, da man dun home da casa e cun equipo ateigado de canteiráns. Con Guaita xa recuperado, Iván Villar seguiu contando coa confianza de Claudio. E no entretido mundo Giraldez, en contraposición a infumable proposta de Rafa Benítez, saír tocando é básico e chegar a portería rival combinando é o obxectivo final. Que bote Balaídos, berraba a afección antes de que o equipo visite o luns ao Vilarreal instalado no máis alto da clasificación.
NOVE CANTEIRÁNS empregou o @RCCelta no partido
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) August 24, 2024
🔙 Sergio Carreira @seeercv7 volveu xogar un partido oficial coa celeste despois de tres anos e medio
🎙️ "É un reflexo do traballo do club nos últimos anos e da confianza de Claudio"
📲 https://t.co/OYctroaDaU pic.twitter.com/xewGHfJCye