Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta e o Xetafe acordan a cesión de Carles Pérez

O Celta e o Xetafe acordan a cesión de Carles Pérez

Terá opción de compra e, malia que o Celta asume parte da ficha, libera unha boa masa salarial

G24.gal 30/07/2024 22:03

Carles Pérez non contaba. Non o fixo para Rafa Benítez e tampouco para Claudio Giráldez. Era un problema importante porque o ano pasado foi asinado por unha cantidade importante e era un dos xogadores cunha ficha máis alta de todo o equipo. 

O Xetafe amosou o interese por contratalo e á fin atopouse a forma de darlle forma ao interese das tres partes. Carles xogará cedido unha temporada no cadro azulón e ten unha opción de compra. O Celta asume parte da ficha pero libera unha boa cantidade de masa salarial que poderá empregar noutro xogador -ou xogadores-. 

Carles Pérez estivo dúas temporadas en Balaídos. A primeira como cedido pola Roma na que gozou da confianza de Coudet e Carvalhal. Sobre todo co adestrador portugués tivo bos momentos e converteuse nun dos xogadores máis desequilibrantes do equipo. O Celta botou o resto pola súa contratación pero a campaña pasada cambiou moito o conto. O seu rendemento baixou moito e nunca tivo a confianza dos técnicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos