Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta convida a Eusebio a facer o saque de honra no partido contra o Valladolid

O Celta convida a Eusebio a facer o saque de honra no partido contra o Valladolid

Eusebio formouse no club pucelano e foi xogador e adestrador do Celta

G24.gal 24/02/2023 12:31

Eusebio Sacristán foi convidado polo Celta a facer o saque de honra no partido que vai enfrontar o vindeiro domingo ao equipo vigués e o Real Valladolid, conxunto no que comezou a súa traxectoria deportiva. 

Eusebio recupérase con lentitude dun traumatismo craneoencefálico que o mantivo en coma inducido durante varias semanas. Agora atópase en tratamento nunha clínica especializada en danos cerebrais. 

Tanto como xogador (95-97) como adestrador (08-10) Eusebio deixou unha fonda pegada entre os seareiros. Nas dúas facetas amosou a elegancia e profesionalidade que o acompañaron ao longo da súa vida deportiva. 

O Celta quere que Balaídos aplauda ao que foi un dos seus referentes e que sinta nestos momentos de dificultade o agarimo de todo o público vigués. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade