O Celta conta con tres dianteiros por primeira vez esta temporada
Coudet xa pode contar co portugués, Gonzalo Paciencia
Paciencia e Larsen loitan por un posto para acompañar a Iago Aspas ante o Betis
O Celta non conta con tres dianteiros desde o mes de maio do curso pasado, cando Santi Mina foi condenado en primeira instancia por un delito de abuso sexual. Desde entón, e ata o final de liga, o Chacho quedou con Iago Aspas e Thiago Galhardo como únicos dianteiros.
No verán, o brasileiro terminou a súa cesión e volveu ao seu país. Para a primeira xornada da nuevo liga, Eduardo Coudet contaba con Gonçalo Paciência e Aspas, algo que se repetiu ata a terceira xornada, cando o luso se lesionou. Esa semana, o Celta fichou a Larsen e para as tres contendas seguintes, o moañés e o noruegués eran os únicos dispoñibles.
Agora ábrese o abano con Gonçalo. O portugués adestrouse onte con normalidade co resto do grupo e todo apunta a que pode recibir a alta antes de recibir o Betis, o que lle permitiría ao técnico arxentino dispor dun dianteiro de refresco no banco ao que recorrer en caso de necesidade.