O Celta comeza a andaina ligueira contra o Español
A Liga principia (sábado, 17:00) en Balaídos cun partido que medirá as posibilidades do equipo de Coudet
O vigués Diego Martínez prepara un rival que chega co ex céltico Joselu como referente ofensivo
Balaídos prepárase para recibir en partido oficial ao novo Celta. Un equipo moi cambiado respecto ao do ano pasado. Oito xogadores novos, cambios en todas as liñas, dende a portería á dianteira. Este Celta revolucionario devolveulle a ilusión á afección. Comeza Coudet a súa terceira temporada en Balaídos coa seguridade de saber que ten gañado ao vestiario.
📋 𝗣𝗥𝗜𝗠𝗘𝗥𝗔 convocatoria de la temporada!
— RC Celta (@RCCelta) August 13, 2022
Estos son nuestros convocados para el partido #EspanyolCelta de esta tarde. ¡VAMOS! 🔥#RCCelta #LaLiga pic.twitter.com/P5jx64suOo
O Celta estréase ante o Español do vigués Diego Martínez. Un Diego Martínez que volve a Balaídos con outro galego, Joselu, como referencia no ataque e sen Raúl de Tomás, baixa por molestias físicas. Na súa comparecencia, o técnico do Español explicou que o seu equipo é agora un bloque en construcción pero moi motivado e competitivo e destacou a calidade do Celta.