Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta chega no mellor momento ás últimas cinco xornadas de Liga

O Celta chega no mellor momento ás últimas cinco xornadas de Liga

Ocupa o sétimo posto, que dá acceso á Europa League, e no club non esconden a ilusión de volver á competición europea oito anos despois

G24.gal 24/04/2025 19:54

O Celta pisa o acelerador. O equipo que dirixe Claudio Giráldez soña abertamente con metas máis elevadas. Di Claudio que nada do que está sucedendo entraba nos seus plans. Ante o Vilarreal, o técnico aliñou ata once xogadores con pasado no filial. Non será un plan, pero a idea está clara. Borja Iglesias, que non marcaba en Balaídos dende setembro, asinou o cuarto gol en dúas xornadas.

O Celta apenas pasou apuros ante un rival que xogou cun home menos. Damián volveu disputar 90 minutos. Non o facía dende a oitava xornada. O resultado consolida o equipo na sétima praza, a que dá acceso á Europa League. A cinco xornadas de que remate a Liga, o Celta está a seis puntos da quinta, con premio Champions.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade