Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta busca un grande esprinte final para volver a Europa despois de oito anos

O Celta busca un grande esprinte final para volver a Europa despois de oito anos

Quedan oito xornadas para o final e os catro partidos que ten que xogar en Balaídos van a ser decisivos

G24.gal 07/04/2025 20:19

Vitoria, permanencia virtual e estrea goleadora de Fer López, a última gran revelación da canteira. O Celta volveu de Mallorca recalculando o destino, Europa. Quedan catro partidos en Balaídos contra o Español, o Vilarreal, o Sevilla e o Raio Vallecano. E outros catro fóra, no Camp Nou, Bernabeu, Anoeta e Xetafe.

Cómpre prolongar o mellor momento da temporada: Van oito xornadas sen perder e dúas vitorias seguidas fóra. En Mallorca outra vez o Celta tivo que remontar e volveu aparecer Alfon cun gol que lle dá confianza tralo barullo sobre o seu suposto contrato fóra do Celta. Os discípulos de Claudio téñeno claro e xa pensan no Español o sábado. Os puntos de Balaídos van ser clave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos