Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B pon o xogo e o Badaxoz o gol (1-0)

O Celta B pon o xogo e o Badaxoz o gol (1-0)

Derrota diante dun rival que levaba tres derrotas seguidas e que agora supera o filial na clasificación

G24.gal 05/11/2022 23:04

O Celta B mereceu mellor sorte no Novo Vivero de Badaxoz. Dominou o partido, gozou das mellores ocasións pero acabou perdendo por 1-0 e viu como o seu rival os superaba na clasificación.

No primeiro tempo houbo unha gran superioridade celeste. O equipo de Giráldez perdoou, sobre todo nunha dobre ocasión de Calderón e Javi Domínguez. O inicio da segunda parte non foi bo e nun disparo de Soto que desvía Alfaro coa man chegou o único gol do partido. 

Foise arriba o Cela B e volveu xerar ocasións pero non había maneira de marcar. Calderón obrigou a Kike Royo a facer unha boa intervención e contra o final o disparo de Iker Losada atopou o pau. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos