O Celta B abre co Sanse a xornada galega da Primeira RFEF
Seguir superando obstáculos para garantir o ascenso directo é a misión do Deportivo. Repite convocatoria Álvaro Rey. O sevillano quere axudar a estirar a vantaxe de 6 puntos que ten agora mesmo o líder despois de 11 xornadas sen perder.
Mañá toca visita ao DUX Internacional de Alfredo Santaelena, equipo da zona media. Preocupa este terreo (o máis pequeno da categoría e artificial), pero sen receos no vestiario.
Alí estreou o ano o Rácing de Ferrol, con empate sen goles. A queixa dos ferroláns vén polo seu calendario, Moi amolado Cristobal PArralo porque despois dunha semana de descanso, agora teñen 3 partidos en seis días.
Máis dun mes despois, o futbol volverá mañá á Malata para recibir á Union Deportiva Logroñés. Rival directo, que ten un punto menos e que chega no seu peor momento por resultados e por falta de efectivos.Parralo arreda exceso de confianzas.
Racing mellor defesna só despois do Deportivo, só un gol recibido nos últimos partios. e2 empates e 2 derotas. A manter o fortín ferrolán. UD Logroñes no seu peor momebto. 3 derrotas e un empate. 3 baixas mercado e sen fichaxes.
Só un punto por debaixo do Racing está o Celta B, que hoxe pode tomar impulso para entrar en zona de ascenso. Visita o San Sebastian de los Reyes, e están igualados a puntos. Madrileños e vigueses viven un gran momento.