Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta B aguanta en Alxeciras e mantén a praza de 'play off'

O Celta B aguanta en Alxeciras e mantén a praza de 'play off'

O equipo local apertou moito e o filial tivo a mellor opción nos últimos minutos cun remate de Pablo Durán

Afrontarán as dúas últimas xornadas cos mesmos puntos que o Linares pelexando por un posto

G24.gal 14/05/2023 14:25

O Celta B aguantou un empate no campo do Alxeciras (0-0) que lle permite depender de si mesmo para as dúas últimas xornadas da Primeira Federación. Un partido no que tivo que sufrir moito a presión do rival pero no que conseguiu manter a súa portería a cero. 

As mellores opcións para o filial tivéronas Sergio Barcia nunha acción a balón parado e Pablo Durán que gozou dunha moi clara no treito final.

O equipo de Claudio Giráldez mantén a quinta posición, cos mesmos puntos que o Linares (58) pero con mellor diferenza de goles no enfrontamento particular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos