O Celta agarda remontar o voo ante o pechacancelas
Carles e Aidoo poden volver ao equipo titular despois da ausencia no Bernabeu
O cadro celeste encadea catro xornadas sen gañar
Eran días de viño e rosas no Celta ata a parada de seleccións, pero desde o regreso á competición o equipo encadea catro xornadas sen gañar e volve mirar cara á zona baixa da clasificación, da que ten que volver poñer distancia.
Recibe o pechacancelas Elxe, un equipo case descendido, coa obriga de sumar os tres puntos para non complicar o futuro na Liga.
📑 Los 2⃣4⃣ convocados por @carloscarvalha2 para triunfar en la noche de este miércoles 💙#CeltaElche pic.twitter.com/7ygDd855dI
— RC Celta (@RCCelta) April 25, 2023
Na lista de convocados volven Aidoo e Carles Pérez, ausentes ante do Real Madrid e indiscutibles ás ordes de Carlos Carvalhal.
Tamén volve o lateral dereito Hugo Mallo logo de cumprir a sanción dun partido. Renato Tapia, brillante en Madrid, podería ser premiado cun posto no centro do campo a carón dun Gabri Veiga que quere recuperar o seu mellor nivel perdido desde hai un mes por certos problemas de saúde.
Tamén espera volver á boa versión Iago Aspas, que podería cambiar a parella en ataque unha vez que Seferovic non está a pasar polo seu mellor momento.