Cargando resultados...
O Celta agarda reconducir a situación na Liga no campo da revelación
O equipo celeste visita o campo do Xirona (venres, 21:00 horas)
Guaita será titular na portería e Aspas espera roomper a serie de partidos sen conseguir un gol
G24.gal
26/10/2023 21:23
Benítez está convencido de que os datos acabarán cadrando cos resultados, pero, mentres, confía na perseveranza do equipo. E na súa propia traxectoria.
Tamén confía en Iago Aspas, despois do enfado no cambio contra o Atlético e de chegar á decima xornada sen marcar.
As cuestións arbitrais son outra historia, aínda que Benitez celebra a reunión desta semana de Marian Mouriño co estamento.
O cartón vermello impediralle a Iván Villar xogar contra o Xirona. Tócalle a Guaita ante un equipo que si que comparte moito co City: a mesma propiedade.