Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta afronta a carreira definitiva por Europa, a partir das 21:00h en Xetafe

O Celta afronta a carreira definitiva por Europa, a partir das 21:00h en Xetafe

Os vigueses dependen de si mesmos na última xornada; cunha vitoria serán os sétimos, e estarán na Europa League

Se non gañan, os celestes dependerán dos resultados do Raio e o Osasuna para acadar o billete europeo

G24.gal 24/05/2025 12:21

Como se dunha carreira de Fórmula Un se tratase, poñan o casco, comproben neumáticos e prepárense porque isto vai comezar. Unha carreira a unha soa volta, a unha soa xornada, na que o Celta arranca un punto por diante do Raio e do Osasuna… 

Se o Celta gaña obterá praza na Europa League. Se non dependerá dos seus rivais. E agora a conducir con presteza, a aguanta-la presión. Claudio levou a todos os dispoñibles, agás Manquillo.

E como adoita nin pista da aliñación. Enfronte o Xetafe, que vén de gañar en Mallorca. Equipo aguerrido, incómodo, con obxectivo de mántela 13ª posición.

Xetafe-Celta. A todo ou nada. Con arbitraxe de Martínez Munuera. E con 3000 celtistas na bancada. Dispostos. Non vaia ser que chova ou pique unha roda e haxa que entrar en boxes. E con toda Galicia pendente do partido. Un partido para a historia que arranca ás nove.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade