Héber Pena cre que é o momento máis importante da historia recente do Rácing
O ferrolán foi titular en 14 dos 15 partidos xogados polo Rácing
Ningún xogador do Rácing foxe do discurso de Cristóbal: tranquilidade e serenidade. O momento do Rácing vívese no vestiario verde con calma. Está na zona de ascenso con 26 puntos. Para o capitán Héber, é o mellor Rácing da historia, pero a liga é moi longa.
"O que fixemos xa pasou e está moi ben",
O futbolista ferrolá aposta pola máxima concentración nun campionato no que el escintilea polos campos de segunda coa súa excepcional visión do xogo, o seu criterio no pase e, agora, tamén o acerto no gol.
"Para min é o momento máis importante do club, non sei se da súa historia, pero si da historia recente".
Os cinco goles de Héber Pena e a sociedade con Carlos Vicente son dos fitos máis destacados de portas afora deste Rácing empoleirado en postos de play-off.
Titular en 14 dos 15 partidos xogados polo Rácing, Héber Pena agarda xa a visita do Burgos.