Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas empata nun final insólito un partido que tiña gañado

O Cangas empata nun final insólito un partido que tiña gañado

O Recoletas logrou empatar practicamente sobre a bucina e despois de ir catro goles por baixo no marcador a falta de dous minutos

G24.gal 14/12/2023 13:14 Última actualización 14/12/2023 13:19

O Recolectas Atlético Valladolid sumou un punto de ouro ante o Frigoríficos Morrazo (38-38) nun final de partido insólito, xa que logrou empatar practicamente sobre a bucina e despois de ir catro goles por baixo no marcador a falta de dous minutos.

Xa advertira o técnico local, David Pisonero, de que o rival era "perigoso" e que "ía ir a máis". E quedou constancia diso desde o primeiro minuto, xa que os galegos saíron a dalo todo e impuxeron un ritmo frenético que non puido seguir o Recolectas, que notou, e moito, a baixa de Dimitrievski.

Cando quedaban pouco máis de dous minutos, cun 34-38, o Cangas relaxouse en exceso e os locais, botando man da épica e dunha capacidade de loita a proba de bombas, lograron deixar en táboas o marcador.

38 - Recoletas Atlético Valladolid (16+22): César Pérez (Llorente, ps), Lima (3), Álvaro Martínez (3), D'Antino (6,2p), Miguel Camino (1), Edu Calle (5), De Toledo (6), Pedro Martínez (-), Rosell (-), Freitas (2), Dimitrioski (2,1p), Alejandro Pisonero (4), Pablo Herrero (5), Miguel Martínez (1).

38 - Frigoríficos do Morrazo (20+18): Carvalho (Jorge Pérez, ps), Gayo (6), Toth (3), Dorado (5,2p), Santi López (1), Varela (10), Brandao (2), Andrade (3), Quintas (2), Brais González (5), Simes (1p).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos