Cargando resultados...
O Breogán ficha o internacional congolés Jonathan Kasibabu
É un pivote de 2,04 m e 26 anos que procede do Nantes francés

G24.gal
18/08/2022 12:31
Última actualización 18/08/2022 12:40
Jonathan Kasibabu é un pivote de 2,04 m e 26 anos que procede do Nantes francés.
Formado en NCAA (Farfield Stags), pasou pola G-League con Long Island Nets (7,5 puntos e 6,3 rebotes na 19/20) e Austin Spurs (7,3 puntos, 3,8 rebotes na tempada 20/21), antes de desembarcar en Europa a pasada tempada en Francia (Nantes) onde achegou 7,8 puntos e 5,1 rebotes.
O novo xogador celeste disputou as roldas clasificatorias para o Campionato do Mundo coa selección de República Democrática do Congo.
Kasibabu é un xogador con bo físico, intenso e con gran poder reboteador, capacitado para xogar en todas as posicións interiores, destaca o Breogán nunha nota de prensa.