O Breogán e o Obradoiro teñen que reaccionar para superar as peores series da temporada
O Breogán e o Obradoiro teñen que reaccionar para superar as peores series da temporada
O obxectivo do play-off está cada vez máis lonxe para os dous
Son as peores series da temporada: o Breogán só unha vitoria nas cinco últimas xornadas; peor o Obradoiro, cun único triunfo nos sete últimos partidos, unha mala dinámica que o afasta da loita polo oitavo posto. Faltan cinco xornadas de liga. Bilbao ten un partido menos. O Breogán mantense na batalla con Valencia.
Nakic: "Estamos loitando polo 'play-off'. Logramos o obxectivo da permanencia e aínda faltan cinco xornadas para o final. Todos deberiamos estar contentos con este ano".
Cinco xornadas para o final. Vicedo só fala de ir partido a partido.
"A autopresión extra é mala porque fainos render algo peor".
Valencia-Obradoiro e Baskonia-Breogán. Xornada complicada. Sen desatender nos despachos o futuro dos xogadores: a renovación de Nakic co Breogán anunciarase en breve.