Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán e o Obradoiro prepáranse para outra xornada da liga ACB

O Breogán e o Obradoiro prepáranse para outra xornada da liga ACB

O Breogán recibe un Barça ferido tras as últimos derrotas

O Obradoiro buscará ante o Bilbao Basket a súa terceira vitoria consecutiva

G24.gal 10/12/2022 13:42

Nesta xornada 11 da liga ACB, o Obradoiro visita o Bilbao Basket buscando a terceira vitoria consecutiva. Mentres, o Breogán, na zona tranquila da táboa, recibe a un Barça ferido logo das súas dúas últimas derrotas.

Días de depresión son os que está a vivir o Barcelona. Á derrota en Santiago engadiuse o tropezo diante do Asvel na Euroliga. E como sucedera no Sar, a derrota chegou contra o límite, da man de Nando de Colo.

A reaparación de Mirotic non se traduce en resultados positivos para os de Jasikevicius, que incluso reclamaron diante da ACB polas arbitraxes recibidas. En Lugo hai máxima ilusión tras o triunfo vital en Xirona pero temén máxima cautela coa síndrome do xigante ferido.

Tamén deberá estar a un nivel óptimo o Obradoiro, que quere rascar un triunfo na pista do Bilbao Basket. O rival suma tres vitorias seguidas, xusto as que persegue o equipo santiagués. Os homes de negro amosan un respecto máximo. Só o Baskonia foi capaz de levar un triunfo en Miribilla no que vai de campionato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade