Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán e o Obradoiro apuran as súas opcións de xogar a Copa

O Breogán e o Obradoiro apuran as súas opcións de xogar a Copa

Zaragoza-Breogán e Obradoiro-Manresa, antes do derbi do sábado

Foto @CBBreogan
G24.gal 04/01/2023 13:43 Última actualización 04/01/2023 13:49

Semana con dúas xornadas de Liga. O sábado hai derbi. Pero antes, este serán, e para alimentar as opcións de ir á Copa e afastarse da zona baixa, Zaragoza-Breogán e Obradoiro-Manresa.

Se botamos contas, comprobaremos que non é doado que o Breogán e o Obradoiro se metan na Copa, pero faltan só tres xornadas para pechar a primeira volta e ambos os dous equipos están na pelexa. Rivais directos dos galegos: Bilbao e Valencia. Valencia gañou onte e colócase oitavo cunha vitoria máis que o Obradoiro e o Breogán.

Os equipos galegos xogan esta tarde ante rivais da zona baixa, onde logo do triunfo do Betis nunha nova exhibición de Evans, 28 puntos e 6 triplas, conviven con tres vitorias catro equipos. Un é o Zaragoza. Aí vai o Breogán.

O penúltimo clasificado é o Manresa e visita o Sar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade