Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán cae na pista dun Baskonia demoledor nas triplas (112-84)

O Breogán cae na pista dun Baskonia demoledor nas triplas (112-84)

Os de Luis Casimiro aguantaron no partido ata o segunda cuarto, pero despois non puideron frear a un conxcunto vasco que anotou 17 triplas

Foto: EFE
G24.gal 03/05/2026 20:37

Na liga ACB, o Río Breogán pouco puido facer diante da exhibición ofensiva do Baskonia. Gañou o equipo vitoriano por 28 puntos de diferenza.

Aguantou o conxunto lucense durante os primeiros 13 minutos, cando o marcador sinalaba un igualado 27-26. Porén, ao descanso, o Baskonia xa gozaba de 12 puntos de renda que conseguiu ampliar ata o final.

O equipo local anotou 17 triplas, cun acerto próximo ao 50 por cento. O Breogán non puido conter esa avalancha ofensiva. Dragan Apic, con 14 puntos, foi o máximo anotador dos lucenses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade