O Bono Peixe da Xunta xa pode descargarse: descontos do 25 % ata un máximo de 5 euros por semana
A campaña conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros. Prevense mobilizar 10 millóns e beneficiar 150.000 persoas
O programa, dotado con 2'5 millóns de euros, busca incentivar o consumo de peixe e marisco
Aos máis madrugadores ou con máis ganas de peixe non lles importou nin que fose luns, un día tradicionalmente escaso en produto, xa que o domingo non se pesca. Os beneficiarios do Bono Peixe fan as súas primeiras compras. Hai adheridos 500 negocios, tanto en establecementos tradicionais, prazas de abastos como as peixerías dos principais hipermercados.
O Bono Peixe da Xunta xa pode descargarse desde este luns. Os beneficiarios obterán descontos do 25 por cento na compra de peixes e mariscos, ata un máximo de 5 euros cada semana que serán acumulables ás seguintes.
Estes bonos están dispoñibles na plataforma www.bonopeixe.gal ou a través da aplicación móbil deseñada especificamente para esta acción, que está habilitada para Android e iOS.
A orde para a posta en marcha desta iniciativa conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros. Prevese mobilizar 10 millóns e beneficiar 150.000 persoas.
Este bono poderá usarse a razón de 5 euros por semana, con descontos do 25 por cento da compra, cunha acumulación do importe non gastado nas sucesivas semanas ata un máximo de 25 euros, que poderán gastarse ao longo dun total de 10 semanas ou ata que se esgote o crédito.
Os establecementos nos que se pode empregar o bono, por provincias e municipios, figuran na propia web da iniciativa: https://app.bonopeixe.gal/#/pages/list