O BOE publica o indulto parcial a Laura Borràs
O Goberno acordou conmutarlle a pena para evitar o seu ingreso en prisión
A expresidenta do Parlament fora condenada por corrupción
Laura Borràs, tamén expresidenta de Junts, foi condenada por adxudicar contratos a dedo cando dirixía a institución das letras catalás. 4 anos, 6 meses e un día de cárcere, que agora quedan en 2 anos tras o indulto do Consello de Ministros para evitar o seu ingreso en prisión. O resto da condena mantense: multa e inhabilitación de 13 anos para cargo público.
O Goberno di que actuan seguindo o criterio do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña que xa cando dictou sentencia recoñecía que a suma de penas era desproporcionada porque implicaba o ingreso en prisión e recomendábanlle ao Goberno este indulto parcial.
Dentro do PSOE, pronunciouse en contra do indulto o presidente de Castela-A Mancha, lembrando que a condena foi por corrupción.
E entre as reaccións, tamén a do expresidente catalán Carles Puigdemont, que celebrou a medida do Consello de Ministros. Fala dun alivio e motivo de alegría.