Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG reivindica pasos de peóns seguros na N-VI en Outeiro de Rei

O BNG reivindica pasos de peóns seguros na N-VI en Outeiro de Rei

O Bloque despregou un paso de plástico para lembrar os riscos que corren os peóns ao atravesaren catro carrís

Pídenlle ao Ministerio de Fomento, responsable da estrada, que actúe dunha vez

G24.gal 02/07/2022 15:07 Última actualización 02/07/2022 16:41

O BNG protagonizou este sábado un acto simbólico para reclamar pasos de peóns na N-VI no concello lugués de Outeiro de Rei.

Desde a formación nacionalista salientan que esta localidade é a única da N-VI que non conta cun elemento de seguridade viaria deste tipo no seu traxecto galego.

No acto reivindicativo puxeron un paso de peóns de plástico e provocaron un corte de tráfico. Inciden en que teñen que atravesar catro carrís nunha zona estratéxica de Outeiro de Rei con moito risco para as persoas:

"Estivo o Partido Popular, estivo o PSOE e volve estar agora o PSOE con Podemos e os pasos de peóns seguen sen facerse. Segue habendo un auténtico perigo para poder atravesar estes catros carrís en plena vila de Outeiro de Rei. Hai que ter en conta que temos a un lado o PAC, o centro de saúde, a farmacia; ao outro lado están o concello, a casa de Manuel María, o campo de Santa Isabel, a igrexa, e o paso de persoas dun ao outro lado e continuo", explica Xosé Ferreiro Fernández, representante do BNG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade