Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG reclama un plan de financiamento equitativo para os concellos

O BNG reclama un plan de financiamento equitativo para os concellos

Tamén pide un fondo extraordinario para facer fronte aos gastos enerxéticos

G24.gal 08/11/2022 13:29

O BNG reclama un plan de financiamento dos concellos e que se regulen por lei as transferencias e os criterios de repartición.

Nun encontro con representantes locais do Bloque, Ana Pontón dixo que agora mesmo hai unha situación de infrafinanciamento, que se reflicte nos Orzamentos do 2023. Cre que ter un plan novo garantiría  transparencia e equidade na repartición dos fondos de cooperación local.

Tamén instou a Xunta a incluír nas contas do ano que vén un fondo extraordinario de 50 millóns de euros para facer fronte aos gastos enerxéticos dos concellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade