Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG chama a celebrar o Día das Letras Galegas como "un acto de orgullo colectivo"

O BNG chama a celebrar o Día das Letras Galegas como "un acto de orgullo colectivo"

G24.gal 16/05/2022 16:16

O BNG fai un chamamento a participar mañá, Día das Letras Galegas, nunha manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego. O BNG reclama a protección da lingua galega e anima a celebrar o Día das Letras Galegas “como un acto de orgullo colectivo”

A deputada Olalla Rodil, na conferencia de prensa que deu esta mañá emprazou a Xunta a volver "ao consenso lingüístico" anterior a 2009 e criticou que o novo presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, se aliñase "cos sectores máis extremos contra o galego".

Rodil fixo un chamamento ao conxunto da sociedade a participar nos actos do Día das Letras Galegas arredor da obra e da vida de Florencio Delgado Gurriarán, “figura destacada nun dos períodos máis escuros da nosa historia, o exilio na ditadura"dixo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade